A IMAXE PINTURA

Alberto González-Alegre

 

 

 

 

Representante dunha forma de pintura moi pouco habitual en Galicia, Bosco Caride fíxose ver e adquiríu notoriedade na pasada Bienal de Pontevedra cun cadro de grande formato que revelaba unha madurez impropia das primeiras aparicións públicas dun artista. O cadro, moi semellante á serie que agora mostra, revelaba a vontade do autor de iniciar unha liña de investigación propiamente pictórica que, desde supostos abstractos, sintetizase parte dos valores e sobre todo da efectividade da imaxe pintada; poden dubidar da miña saúde mental pero penso como exemplo desto último no cadro de René Magritte chamado "A sinatura en branco". Presupostos de pintura abstracta e vontade de efectos totalizadores: a imaxe pintura.

Hai un paralelismo claro entre a súa forma de pintar e a súa forma de plantexarse a actividade de pintar; traballo lento, búsqueda, insitencia, análise sistemática de cada efecto, de cada fondo e veladura. Non se encontra nada de contradictorio entre este comportamento de sistematización analítica e o resultado final duns cadros que seguen a ser heredeiros do expresionismo e abastraccións románticas da pintura paisaxe. Un xogo constante de ocultacións-revelacións activa os ollos do espectador, un punto de hipnose e de silencio obrigado, pintura absorta que precisa do grande formato.

Galicia, o teño como unha evidencia, é un territorio de pintura rápida; ás poucas excepcións que hoxe o son, engadimos agora a de Bosco Caride, apaixonadaos na posibilidade de que se trate dun síntoma.

 

flecha

 

 

r